Larraitz Urruzola é actriz e creadora de propostas escénicas para público infantil e/ou familiar dende o ano 1989. De formación autodidacta e cun longo percorrido por varias compañías profesionais de teatro e monicreques, destaca pola súa capacidade de conexión e comunicación co público. Domina varias técnicas de manipulación de monicreques tanto para artes escénicas como para o formato audiovisual: Variña, sombras, guiñol, marionetas de fío, luz negra, monicreques de luva e mesa, bunraku… Destaca pola versatilidade estética e a súa variada tipoloxía da voz á hora de proxectar as súas personaxes. Como artista e animadora sociocultural realiza obradoiros empregando o xogo dramático como recurso para contribuír á formación integral do individuo. Actualmente forma parte tamén da compañía de teatro e monicreques Babaluva á vez que mantén entidade propia como contadora e titiriteira con montaxes tan aclamadas como A Viaxe de Rosalía ou O Crebanoces e unha colección de espectáculos de narración oral baixo o paraugas dos Babacontos. A Viaxe de Rosalía Monicreques e Teatro actoral | Infantil e familiar (+6)| 60 Min SINOPSE Un espectáculo de monicreques unipersoal sobre Rosalía de Castro, onde da man da narradora e titiriteira, Larraitz Urruzola e con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, coñeceremos parte da obra Rosaliana e algúns dos momentos da vida desta insigne artista Galega. Francisca do Campo leva século e medio contando a todo o mundo a historia da súa querida afillada Rosalía de Castro. Ela foi quen axudou a criala e quen compartiu as vivencias máis cotiás e entrañables . Cargada de maletas con teas, zapatos e moitas cousas queridas para ela comparte con nós a traxectoria vital e artística dun símbolo irrenunciable para a cultura galega. FICHA ARTÍSTICA Autor: Gabriel Penabade Dirección: Gabriel Penabade Escenografía: Larraitz Urruzola, Monicreques: Luis Javier Iglesias Rodriguez (cabezas de Rosalía de Castro), Olga Vieites (corpos de Rosalía de castro), resto de títeres Larraitz Urruzola Deseño son: Larraitz Urruzola Vestiario: Olga Vieites Seoane dona barriga verde Monicreques | Infantil e familiar (+6) | 45 Min SINOPSE Dona Barriga Verde é unha obra de títere de cachaporra, que integra elementos do Barriga Verde do noso país con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas. Os paisanos, o demo ou a morte atópanse en escena co crocodilo ou o bebé habituais do Punch Inglés. E todo cunha grande particularidade. A desafiar as convencións do xénero e por vez primeira no noso país, Barriga Verde, protagonista da obra, é unha muller. Deste xeito, sen perder os gags clásicos, a artista achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición. A Asociación Cultural Morreu o Demo colabora neste proxecto prestando asesoramento histórico e documentación. Canda a Larraitz Urruzola encargada do manexo dos bonecos, o espectáculo conta con dirección de Santi Prego, bonecos e atrezzo realizado por Borja Insua, pintura e deseño do retábulo de Kukas e vestiario de Bety Busto. Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás enca- rando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos mons- tros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo. Con prota- gonista femenino, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actua- lización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos FICHA ARTÍSTICA Actriz/titiriteira Larraitz Urruzola Dirección Santi Prego Deseño do retablo e pintura dos títeres Kukas Talla en madeita e atrezzo Borja Insua Vestiario Bety Busto Colaboración atrezzo Pepe Penabade O crebanoces Monicreques e Teatro actoral | Infantil e familiar (+4)| 60 Min SINOPSE O Crebanoces é un espectáculo inspirado no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela. O padriño Drosselmeier vainos contar a historia do xoguete que acaba de traer neste nadal para os seus sobriños, un boneco crebanoces que se enfrontará á Raíña dos Ratos e nos transportará ao mundo dos contos, onde escoitaremos a suite completa do Crebanoces de Tchaikovsky. FICHA ARTÍSTICA Autor: Santi Prego Dirección: Eduardo R. Cunha Adaptación: Santi Prego Actriz/manipuladora: Larraitz Urruzola Escenografía: Pablo Giraldez Deseño son: Santi Prego Deseño iluminación: Santi Prego Vestiario: Carlos Alonso Música: A suite do Crebanoces de Tchaikowsky NAMORADAS E LIBRES Contacontos