Sinopse
FRANCISCA DO CAMPO leva século e medio contando a todo o mundo a historia da súa querida afillada ROSALÍA de CASTRO. Ela foi quen axudou a criala e quen compartiu as vivencias máis cotiás e entrañables. Cargada de maletas con teas, zapatos e moitas cousas queridas para ela, comparte con nós a traxectoria vital e artística dun símbolo irrenunciable para a cultura galega.
A FRANCISCA gústalle lembrarnos que ROSALÍA era unha muller culta, traballadora, valente e que interpretou como ninguén un tempo histórico na súa Terra. Aquela meniña algareira que FRANCISCA coidou foise convertendo puco a pouco na escritora que deixou unha pegada imborrable pola súa calidade literaria e un fondo de verdades profundas por fin sacadas á luz.
Descripción
A actriz e titiriteira LARRAITZ URRUZOLA válese da interpretación actoral, de monicreques de mesa de grande talla artística, así como da manipulación de obxectos acompañada dunha música moi acaída, un vestiario fermoso e dignísimo para os personaxes e, en definitiva, das ferramentas da narración oral tradicionais para que coñezamos as pasaxes máis importantes da vida de ROSALÍA DE CASTRO e a súa obra literaria.
Ficha e documentación
- Público: todos os públicos / infantil +6
- Duración: 50 min.
- Técnica: Monicreques de mesa e traballo actoral
Equipa artística e técnica:
- Larraitz Urruzola: Produtora, actriz e construción de monicreques
- Lucho Penabade: Autor e director
- Luís Javier Iglesias: Cabezas dos monicreques de Rosalía de Castro e atrezzo
- Olga Vieites: Vestiario e corpos de Rosalía de Castro
- Mirari Urruzola: Deseño de iluminación
- José Luís do Pico Orjais: Espazo sonoro
- Juan Luís Rúa: Fotografía
- Xosé Bocixa Rei: Vídeo
- Héitor Real: deseño gráfico e web
- Cristina Fiaño: Deseño material promocional