Dona Barriga Verde

Descripción

Dona Barriga Verde é unha obra de títere de cachaporra, que integra elementos do Barriga Verde do noso país con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas. Os paisanos, o demo ou a morte atópanse en escena co crocodilo ou o bebé habituais do Punch Inglés. E todo cunha grande particularidade. A desafiar as convencións do xénero e por vez primeira no noso país, Barriga Verde, protagonista da obra, é unha muller.

Sinopse

Cartaz Dona Barriga Verde

Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás encarando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo.

Dona Barriga Verde achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actualización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos.

A Asociación Cultural Morreu o Demo colabora neste proxecto prestando asesoramento histórico e documentación. Canda a Larraitz Urruzola encargada do manexo dos bonecos, o espectáculo conta con dirección de Santi Prego, bonecos e atrezzo realizado por Borja Insua, pintura e deseño do retábulo de Kukas e vestiario de Bety Busto.

Equipa artística e técnica:

  • Actriz / titiriteira: Larraitz Urruzola
  • Dirección: Santi Prego
  • Deseño do retablo, caracterización pictórica dos títeres: Kukas
  • Talla en madeira e atrezzo: Borja Insua
  • Vestiario: Bety Busto
  • Fotografía: Kukas
  • Vídeo: Pixelín Photo
  • Deseño gráfico e web: Heitor Real
  • Colaboración atrezzo: Pepe Penabade
  • Colaboración palleta: Monica Fraga e Che Vazquez.
  • Agradecementos a:
    • Malvela por “O pirimpimpim”
    • Chouteira por “o Ghai Ghai”.